miércoles, 27 de mayo de 2015

Unha última luz

Ás veces un ollar certeiro é que de ver ao través dunha persoa. Alguén que cara ao exterior semella ser da mesma carne que os demais pero que resulta ser unha pantasma, baleira de toda chama que debería outorgarlle vida. En que momento perde un a chama da paixón pola vida? É de súpeto, ou leva anos? Acaso pode ser o impertérrito paso do tempo quen se leva das nosas mans se forma sutil e case imperceptible coma se dun suspiro se tratase?


Poucas veces poderemos ser quen de ter un ollar tan certeiro que poidamos ver esa pantasma que tempo vai que perdeu a paixón pola vida cotiá. Unha pantasma que viu coma o agasallo do día a día se convertera nunha obriga e nunha gaiola. Onde podería volver a residir a paixón, unha vez fuxida desta triste pantasma que estamos a ver? Poucas veces estaremos en posesión dun ollar coma esta. E aínda serán menos as veces que poidamos estar en posesión del diante do noso propio reflexo. Nimia será a diferenza que atopemos ao mirarnos no espello e ver a mesma face, mais por un segundo algo quedará. Igual, non é á pantasma baleira aquilo que somos capaces de albiscar, senón, ese rescaldo da paixón que críamos ter perdida. Porén, incluso agora pode ser certa a frase de que canto maior sexa a escuridade máis refulxirá a última luz. Así, máis poderá brillar ese último rescaldo de paixón.