viernes, 12 de septiembre de 2014

Casa en chamas

Mentres o fume esvaece, e as poucas brasas que quedan nalgunhas táboas de madeira, un vello sofá cotroso segue en pé no medio do antigo salón. Sen un teito de pedra que o cubra, só as estrelas e o ceo nocturno están por riba del.

O cheiro que domina o aire é forte e desagradábel. Coiro e tinta queimados. E alí sentado, no sofá, un rapaz de cabelos louros, pero cubertos por pola cinza que flotaba no aire. Una face escura, acibeche, que non deixaban esconder ese brillo dos ollos. Cheos de ira e determinación por igual.
A penas quedaba nada do que antes fora un fogar. Só recordos nas poucas cosas que sobreviviran ao lume. A súa roupa, mollada do traballo na extinción do lume, pesaba e afundía un corpo abatido pola ira contra o mundo. Unha ira sen canalizar, contra todo o que estaba ao seu redor. Non había un culpábel do lume. O azar, a casualidade, a estatística ou o simple destino reduciran a meras cinzas o que antes chamara fogar.

Acababa de ver o mundo arder e reducirse a cinzas a pesar dos seus esforzos por salvalo. Xa non lle quedaba familia, pois foi tragada polo vórtice dun fume que parecía movido por unha rara paixón de consumir a vida do rapaz. Non sabía se fora a forza da natureza a que destruíra a súa vida ou o propio Demo.


Agora, sentado nese poeirento sofá, unha chama estaba prendida nel. Das ruínas ergueríase, cimentando a súa persoa sobre un negro acibeche sen luz que nin as estrelas alumeaban. O seu mundo ardera, pero agora el vería arder o dos demáis, só por odio ou una vinganza contra todo, á vez contra nada. Mero divertimento para alguén que ardera por dentro e que, sen embargo, xa non tiña prendida a luz da súa vida.

miércoles, 3 de septiembre de 2014

Unha venda nos ollos

Mentres estaba a durmir, a música soaba envolvendo o ambiente cunha calidez inusual. O verán estaba a piques de rematar, e a pesares diso a calor era insoportábel. Sen embargo, mentres estaba tirado nunha cama desfeita e cheirante a humanidade o rapaz escoitaba a música que soaba. Cada nota harmonizaba o ambiente cun son peculiar. Alí tirado, en roupa interior sufrindo unha terríbel calor de setembro a melodía de O Fortuna, da ópera de Carmina Burana, estábao a transportar a un lugar moi distante.

Non comprendía a letra da canción pero iso pouco importaba. O peito tremía coa melodía e a súa mente viaxaba  a outro lugar. O seu futuro. Poucas veces un decátase da realidade que o rodea. En momentos tan particulares, deprimentes e íntimos é cando un abre os allos ás responsabilidades que leva tempo escondendo no máis fondo da súa mente. Neste futuro, o rapaz comezaba a ver os froitos dos últimos anos da súa vida. Froitos podres coma consecuencia dun tempo desbotado e perdido no que non medrou que rematou nesa situación de apatía lamentábel.

A pingas de suor esvaraban pola súas costas e a respiración tornábase máis agonizante a cada minuto. A música seguía a soar pero cada vez máis lonxe. O ollos do rapaz estábanse a pechar e, mentres o seu corpo parecía máis disposto a entregarse aos brazos de Morfeo, a mente volvíase máis activa recordando cada unha das situación que o levou hasta aí. Non fora un, nin dous, nin tres... moitos intres e vivencias que cambiaron o seu ser ata convertelo nunha involución da súa imaxe, nun primate de cara un home, envilecido polo vicio e o pecado. Marcado polas sinais da covardía, cinismo e pereza. Unha covardía que lle impediu afrontar os momentos de cambio, onde todos os seu semellantes avanzaran. Un cinismo que contaminara o seu maxín e o seu idealismo. E unha pereza que condenou a vagar pola inopia e a incultura máis coma  unha caricatura do seu antigo eu pero dominada pola soberbia.


Cantos pasos  o achegaran ao precipicio sen tan se quera decatarse. Cunha venda nos ollos e sen a forza de quitala, preferiu seguir un camiño escuro e baleiro pola comodidade de non se ter que esforzar en ver e pensar no que o estaba a rodear. Agora, alí tirado, a venda caera.